Completadas as xuntanzas para elaborar os Orzamentos Participativos provinciais 2015

Sarria e Monforte completaron os encontros no sur lucense

•Os veciños consideraron «moi interesante» esta iniciativa da Deputación •Valoraron o feito de que se lles explique cómo se elabora o Orzamento, e que se fale con eles •Esperan que estes encontros «sirvan para mellorar» o sur da provincia •Según os resultados da enquisa, ós veciños da comarca de Lemos preocúpalles o fomento do emprego, as infraestruturas, e a cultura e políticas sociais

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O salón de actos do Centro do Viño de Monforte acolleu o día 22 a terceira xuntanza sobre Orzamentos Participativos 2015 da Deputación no sur de Lugo, logo dos encontros mantidos en días pasados en Chantada e Sarria. A participación foi medrando en cada unha das xuntanzas, e a reunión de Monforte congregou a preto de 160 persoas, que escoitaron de boca do presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, como e para que se elaboran os Presupostos da Deputación, para logo dar a palabra á veciñanza presente.

PREGUNTAS E RESPOSTAS DURANTE A XUNTANZA, ANTES DE REXISTRAR AS PROPOSTAS POR ÁREAS
A problemática de Sogama respecto ás taxas que reclama ós concellos pola xestión de residuos, os desbroces en viais, a relación do ente provincial cos equipos deportivos punteiros na provincia como o Breogán ou o Lugo, e, sobre todo, os proxectos agrogandeiro, con especial atención ó Plan Integral da Deputación para a posta en valor da finca de Tor, foron algúns dos temas polos que se interesaron os veciños. Francisco, un veciño de A Vide, preguntou ó presidente da Deputación sobre cómo solicitar unha subvención para arranxar o centro social da parroquia. Ramón foi un dos presentes que fixo unha pregunta sobre as posibles vantaxas dos investimentos en Tor, e a situación dos gastos xerais do organismo provincial. David, de Ribas Pequenas, formulou unha pregunta ó presidente sobre a situación do ensanche da estrada N-120 ó seu paso pola parroquia, «un proxecto que está aparcado e que é importante, porque non se cruzan dous coches». Tedy, de Salcedo, quixo saber «se hai cartos da Unión Europea para a Rede Natura».
Emilia Sánchez Pérez, veciña de Monforte e emigrante en Alemania durante 40 anos, preguntou polo proxecto da residencia da terceira idade do Malecón. Ademais, Emilia emitiu a súa queixa sobre temas máis xerais, como o elevado prezo dos carburantes, cuxa trascendencia estase a notar no día a día da xente. «Hai que falar de traballo, e de por qué pagamos a luz máis cara de Europa cando somos productores de corriente», reflexionaba Emilia despois da xuntanza, á que cualificou de iniciativa «correcta», aínda que criticou que «cada un veu pedir para sí, pero hai que pedir para todos». En termos parecidos expresábase Mª Milagros Fernández Rodríguez, presidenta da Asociación de Veciños do barrio da Florida, en Monforte, que cualificou esta iniciativa da Deputación de «moi interesante». «Con esta xuntanza, ó explicarnos como se fan os Orzamentos, polo menos sabemos como se desenvolven», precisou Milagros, quen destacou o interés que tivo a participación do público. «Está ben que se fale, coñezo a necesidade que se ten de melloras nos barrios como presidenta dunha asociación, pero creo que se para proxectos de obras as axudas que se piden son necesarias, para outro tipo de proxectos poderíamos resolvelos entre nós se nos agrupamos», puntualizou a presidenta da Asociación veciñal da Florida.

«ESTÁ BEN QUE SE NOS ESCOITE»
O feito de que os responsables provinciais deixen falar á xente, escoiten as súas propostas e as rexistren, contou cunha valoración positiva a nivel xeral. «Sempre que se escoite á xente está ben», suliñou Manuel Barreiro, da asociación Agora de Monforte, que agradeceu que a xuntanza discurrira «con tranquilidade e se puidera falar». Algo máis discordante foi Marina, quen valorou o feito de establecer un diálogo coa cidadanía, pero lamentou que «non se respondera a nada concreto na xuntanza», cuxos resultados espera «que ogallá se teñan en conta». Unha integrante da Asociación Veciñal do Saviñao amosaba tamén a súa reticencia ante unha xuntanza «na que se dixeron cousas particulares pero se vota por áreas», aínda que estima positivo «que se teñan en conta, se esa é a intención». Tomás Touzón, de Monforte, considerou a xuntanza como «boa, porque pode axudar a Monforte», e afirmou que «está ben que se nos escoite, porque parece que estabamos apartados».

ÁREAS DE MAIOR PRIORIDADE PARA OS VECIÑOS DE LEMOS
Ó chegar á xuntanza, os veciños recibiron a ficha de participación cidadá, e logo de rematado o tempo de debate, seleccionaron nela as tres áreas que deben ser prioritarias no Orzamento 2015, ademais de depositar o seu voto nas furnas correspondentes. As áreas a elixir foron: desenvolvemento de políticas sociais, igualdade, coidado do medio ambiente, promoción de actividades económicas, infraestruturas, cultura, cooperación cos Concellos, promoción de políticas demográficas, fomento do deporte, e impulso do turismo. O fomento do emprego (55%), infraestruturas (16%), e cultura e políticas sociais (7%), resultaron as máis votadas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober conta este verán cunha brigada contra incendios

Seguinte Nova

Agosto, un mes de festa nas rúas de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss