Convenio entre o Concello de Sober e a Universidade de Vigo para a realización de práticas académicas

• Concello de Sober e Universidade de Vigo veñen de suscribir un convenio para que os estudiantes desta universidade poidan realizar práticas académicas externas nesta administración local. O obxectivo destas práticas é facilitar ós futuros titulados universitarios a preparación para o exercicio profesional, así como o seu acceso ó mercado laboral.
En virtude deste convenio, o Concello de Sober comprométese a emitir un informe sobre a actividade desenvolvida polos estudiantes en práticas, a súa duración e, no seu caso, o seu rendemento. O alumnado en práticas poderá recibir por parte da entidade colaboradora a achega económica que se estipule en concepto de bolsa ou axuda ao estudo.

REQUISITOS
Poderán optar a estas práticas externas os alumnos e alumnas matriculados en calquera titulación da Universidade de Vigo e centros adscritos, así como estudantes doutras universidades que, por razóns de mobilidade académica ou convenios anteriores, se atopen cursando estudios na Universidade de Vigo e centros adscritos a esta.
Os solicitantes deberán estar matriculados na ensinanza universitaria á que se vinculan as competencias básicas, xenéricas ou específicas que adquirirá ó realizar a prática. Ademais, esixirase non manter ningunha relación contractual coa empresa ou institución na que se van realizar as práticas, nin coa propia universidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Melloras no pavillón do colexio de Sober

Seguinte Nova

Sober conta este verán cunha brigada contra incendios

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: