Convenio entre Xunta e Consorcio para promocionar a Ribeira Sacra

A cifra de turistas internacionais na Ribeira Sacra medrou un 16,5% no primeiro semestre do ano

A sinatura do convenio tivo lugar no Centro do Viño de Monforte, coa participación de Raquel Arias, Nava Castro, Juan Carlos Armesto e Rogelio Martínez. GPTG
A sinatura do convenio tivo lugar no Centro do Viño de Monforte, coa participación de Raquel Arias, Nava Castro, Juan Carlos Armesto e Rogelio Martínez. GPTG

• A Ribeira Sacra «é un destino cada vez con maior demanda entre os viaxeiros que veñen a Galicia». Así o destacou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o pasado 28 de xullo en Monforte, onde asinou co presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto, un convenio para a promoción da Ribeira Sacra.

TRADUCIÓN DE GUÍAS, DA APP DE SENDEIRISMO E MÁIS DIVULGACIÓN
Según explicaron trala firma do convenio, no que estiveron presentes os delegados territoriais da Xunta nas provincias de Lugo e Ourense, Raquel Arias e Rogelio Martínez, a aportación que fai Turismo de Galicia é de 110.000 euros, sobre un total de 140.000. Grazas a este convenio, o Consorcio poderá desenvolver actividades relacionadas coa promoción, dinamización e fomento do turismo na zona. Os responsables deste acordo precisaron que o convenio financiará a realización de actividades relacionadas cos soportes de información e a ampliación do ámbito de cobertura da información a través da tradución de guías da Ribeira Sacra, da app de sendeirismo, ou a cobertura das necesidades de material das oficinas de turismo, así como a divulgación da accesibilidade a recursos e actividades.

ACCIÓNS DE APOIO Á CANDIDATURA DA RIBEIRA SACRA, E PULO ÓS RECURSOS EN LIÑA
Ademais, o importe destinarase á ampliación do banco de imaxes audiovisuais do destino, á creación de contidos para as redes sociais, a accións de apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Do mesmo xeito, realizaranse actuacións dirixidas á creación de produto, á formación do sector en relación coas redes sociais e os recursos en liña, así como o posicionamento en liña das empresas turísticas.
O acordo inclúe tamén actuacións de sinalización e eliminación de feísmos de sinalización; así como de comercialización e promoción do produto turístico Regala Ribeira Sacra, a divulgación da imaxe do destino baseada na calidade e no posicionamento dos produtos Ribeira Sacra nas axencias de viaxe.

O 31% DA DEMANDA HOTELEIRA FOI EXTRANXEIRA
Según explicou a directora de Turismo de Galicia, no primeiro semestre do ano, o mercado nacional na Ribeira Sacra experimentou unha suba do 22,2% e o mercado internacional incrementouse un 16,5 %, tendo en conta as pernoitas rexistradas por ambos segmentos do mercado en comparación co primeiro semestre do ano pasado. Nava Castro precisou que “o peso do turismo internacional entre xaneiro e xuño é na Ribeira Sacra do 31% do total da demanda hoteleira”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Todo listo para celebrar en Quiroga a IX Festa da Comunidade

Seguinte Nova

Menos espera en cirurxía e consultas no Hospital de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss