Convenio para completar o acondicionamento do entorno do Mosteiro de Ferreira

•A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinou o convenio co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinou o convenio co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, en presencia da secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, a comezos de xullo.  CMATI.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinou o convenio co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, en presencia da secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, a comezos de xullo. CMATI.

• Co obxectivo de completar a mellora e acondicionamento do entorno do Mosteiro das Bernardas en Ferreira de Pantón, a Xunta de Galicia e o Concello veñen de asinar un convenio de colaboración que aportará preto de 27.000 euros para este fin. O pasado 1 de xullo, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, formalizaban a sinatura deste convenio na Casa Consistorial de Ferreira, coa presencia da secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

ACTUACIÓNS PARA HARMONIZAR ESTE ENTORNO DE GRAN IMPORTANCIA PATRIMONIAL
Según explicaron os responsables autonómicos, as obras de mellora contempladas nesta ocasión suporán o soterramento das instalacións eléctricas do tramo da estrada N-120 ó seu paso polo Mosteiro cisterciense das Bernardas, na capitalidade municipal. O obxectivo é retirar de xeito definitivo o cableado aéreo próximo á entrada deste monumento, para suprimir elementos discordantes co seu carácter histórico-artístico, e poñer en valor este emplazamento patrimonial.

ACTUACIÓNS DENTRO DO PLAN HURBE DA XUNTA DE GALICIA
Con esta actuación, quedaría completada a mellora do entorno do Mosteiro das Bernardas de Ferreira, no que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, leva investido preto de 400.000 euros.
As actuacións que se van desenvolver no entorno do Mosteiro de Ferreira están incluídas no Plan Hurbe, unha iniciativa posta en marcha en 2010 por este departamento autonómico. Dentro deste Plan, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas leva desenvolvido 83 actuacións en toda a Comunidade, cun investimento de máis de 92 millóns de euros.

58 MILLÓNS DE EUROS EN ACTUACIÓNS PARA A PROVINCIA DE LUGO ESTE ANO
Neste sentido, Ethel Vázquez destacou a aposta da Consellería que dirixe pola provincia de Lugo, territorio ó que este departamento autonómico destinou nos Orzamentos deste ano un total de 58 millóns de euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Volven os Sábados Artesáns ó claustro do Centro do Viño

Seguinte Nova

“Cultura sobre Rodas” potencia a actividade cultural das asociacións

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: