Curso de verán sobre desenvolvemento sostible en espazos rurais na Estación Científica de Seoane

• A Estación Científica do Courel, situada en Seoane, desenvolveu un curso de verán sobre alternativas de desenvolvemento rural en áreas de alto valor ambiental, con modelos e experiencias aplicables á Serra do Courel. As sesións formativas tiveron lugar do 21 ó 23 de xullo, dentro do programa de cursos de verán da Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
O curso contou coa participación de representantes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no que explicaron as claves da paisaxe courelá como ben patrimonial dinamizador da socioeconomía e das liñas de desenvolvemento rural do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.
O obxectivo deste curso de verán foi poñer en valor a importancia ecolóxica e cultural da Serra do Courel e, deste xeito, o intercambio e actualización da información acerca das estratexias de desenvolvemento sostible en espazos rurais de alto valor ecolóxico e cultural existentes. Así, unha vez descritos os valores da Serra, reflexionose sobre a necesidade de sensibilizar á sociedade e, concretamente, á poboación local do entorno do Courel, sobre as estratexias e liñas de actuación para a conservación da natureza que xa se están a desenvolver en outras áreas de Galicia e de comunidades lindantes. Ó remate do curso, puxéronse en común unha serie de propostas para a dinamización socioeconómica que se están a desenvolver na zona.
O curso estivo dirixido a estudantes e titulados universitarios, profesionais relacionados coa xestión do medio ambiente e conservación da natureza, e persoas relacionadas coa promoción de actividades socioeconómicas no medio rural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Oito voluntarios participan en Quiroga no programa de Voluntariado Xuvenil da Xunta

Seguinte Nova

Melloras no pavillón do colexio de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: