Destacado papel da monfortina Saleta Fernández no Campionato de España absoluto

A xove atleta repetiu a marca acadada no nacional xuvenil

• A atleta monfortina Saleta Fernández vén de realizar un bo traballo no Campionato de España absoluto ó aire libre, celebrado a última fin de semana de xullo na localidade madrileña de Alcobendas. A monfortina repetiu a marca do nacional xuvenil na especialidade de saltos, con 1,70 metros, o que a situou no décimo posto da proba nacional.

UN MEDALLEIRO CON NOVE METAIS PARA A EXPEDICIÓN GALEGA NA PROBA ABSOLUTA
Dende a Federación Galega de Atletismo destacaron o «gran campionato» dos atletas galegos, que completaron cun total de nove medallas. Frank Casañas conseguiu o ouro en lanzamento de disco, e seis platas quedaron en Galicia: Manuel Uriz en xavalina, Jean Marie Okutu en lonxitude, Belén Toimil en lanzamento de peso, Lidia Parada en xavalina, Isaac Vicente en martelo, e Solange Pereira, na carreira de 1.500 metros. Ademais, houbo dous bronces galegos, que corresponderon a Borja Barbeito en xavalina, e Mercedes de Santalo en lanzamento de disco.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Bo traballo do Club Natación Monforte no Campionato de España

Seguinte Nova

Sarria acolleu por sexto ano consecutivo o campus Baloncesto no Camiño

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss