Educación avanzou na creación dun protocolo para a prevención e atención temperá do TDHA

•O anuncio responde a unha pregunta parlamentaria do socialista Docasar, que lamentou a demora “de máis dun ano” por parte da Xunta

• O pasado 18 de xullo, o deputado socialista no Parlamento de Galicia Vicente Docasar deu a coñecer o contido da resposta, por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, á pregunta realizada polo deputado Monfortino sobre as previsións do Executivo autonómico en torno á atención do alumnado con trastorno de atención e hiperactividade (TDAH).

PROTOCOLO ELABORADO COA PARTICIPACIÓN DOS PROFESIONAIS DOCENTES E SANITARIOS, ASÍ COMO COLECTIVOS VINCULADOS Á TDAH
A comunicación escrita emitida pola Consellería de Educación, lembra a aprobación en 2011 do Decreto de Atención á Diversidade, no que se adica a totalidade do capítulo quinto ó alumnado con necesidade específica de apoio educativo, entre o que se inclúe o alumnado diagnosticado con TDAH.
Asimesmo, o documento sinala que a mediados de xuño de 2014, as Consellerías de Educación e Sanidade presentaron o primeiro protocolo de ámbito autonómico para avanzar na prevención e atención temperá do TDAH, e no que participaron profesionais educativos e sanitarios, ademais de contar coas achegas das entidades relacionadas co TDAH.

FINCAPÉ NA ATENCIÓN TEMPERÁ, PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN PRECOZ
Según se especifica no documento de resposta á pregunta dos socialistas galegos, este protocolo busca elaborar unha intervención integral, sistematizando unha actuación pola que familias, profesorado, servizos de orientación e persoal sanitario terán unha intervención semellante ante a presenza de persoas con TDAH, facendo fincapé na atención temperá, a prevención e a intervención precoz.

ESTABLECE OS PASOS A DAR DENDE AS PRIMEIRAS SOSPEITAS DE TDAH
Neste sentido, o protocolo establece o procedemento para o traslado de información entre os sistemas educativo e sanitario. O protocolo realiza unha aproximación ó concepto do TDAH e ás súas manifestacións, e establece as principais actuacións a desenvolver polas familias, profesorado, servizos de orientación e sanitarios.
Na resposta escrita emitida pola Consellería de Educación, destácase que o máis importante deste protocolo é que establece o camiño a percorrer dende as primeiras sospeitas, e define a liña de comunicación entre servizos educativos e sanitarios. O protocolo pode consultarse no enlace http://www.edu.xunta.es/web/diversidadeorientacion.
Pola súa banda, o deputado Vicente Docasar lamentou que a resposta da Xunta se demorase “máis dun ano”, aínda que amosou a súa satisfacción porque o protocolo “teña saído adiante, e vaia beneficiar a moitos alumnos e alumnas, así como ás súas familias e ó seu profesorado”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

675.000 euros para financiar o SAF básico

Seguinte Nova

Volven os Sábados Artesáns ó claustro do Centro do Viño

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: