
O asturiano, vixente campión de España de montaña, cumpliu as expectativas que o situaban como favorito desta proba decana do automobilismo lucense. O seu espectacular Audi A4 DTM deulle o triunfo nunha Subida marcada polo mal tempo e a chuvia. Por outra banda, esta edición da Subida a Chantada serviu de marco para a promoción da candidatura da Ribeira Sacra á Patrimonio da Humanidade, co I Trofeo Ribeira Sacra, patrocinado pola Deputación de Lugo, que foi entregado ó gañador pola deputada Pilar García Porto. (Foto cedida).



