Melloras no pavillón do colexio de Sober

Raquel Arias e Luis Fernández Guitián escoitan as explicacións dos técnicos a cargo das obras da cuberta do polideportivo do CEIP de Sober.  GPDL.
Raquel Arias e Luis Fernández Guitián escoitan as explicacións dos técnicos a cargo das obras da cuberta do polideportivo do CEIP de Sober. GPDL.

• A finais do mes de xullo quedaban rematadas as obras de mellora do pavillón do CEIP de Sober, que foron financiadas pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia cunha aportación de 58.000 euros.

OBRA SOLICITADA POLO ALCALDE E A COMUNIDADE EDUCATIVA
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitou o estado das obras o día 24, que se prolongaron durante tres semanas. Estes traballos consistiron no cambio da antiga cuberta de chapa metálica por unha nova cuberta de paneis sándwich, composta por dúas capas de chapa que revisten unha capa de material illante que facilita un maior equilibrio térmico, ó tempo que permite unha maior impermeabilización. Tamén se cambiaron os canalóns existentes por outros de maior capacidade. Esta obra foi unha petición realizada polo alcalde de Sober e a comunidade educativa ante as deficiencias que presentaba a cuberta xa cambiada. Neste sentido, Raquel Arias puxo como exemplo a recente actuación no pavillón do CEIP de Sober para “reiterar o compromiso do Goberno galego coa educación e o deporte”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Curso de verán sobre desenvolvemento sostible en espazos rurais na Estación Científica de Seoane

Seguinte Nova

Convenio entre o Concello de Sober e a Universidade de Vigo para a realización de práticas académicas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss