O filme “Encallados”, baseado na catástrofe do Prestige, en Monforte o 19 de agosto

• A Casa da Cultura de Monforte acollerá, o vindeiro 19 de agosto ás 20,00 horas, a proxección do filme “Encallados”, unha comedia rodada en Santiago de Compostela, en branco e negro, en 16 mm, que ten como telón de fondo a catástrofe medioambiental do Prestige. O filme, dirixido por Alfonso Zarauza, conta cun bo elenco de actores lucenses, entre os que destaca Luís Tosar, que tamén participou na produción executiva. “Encallados” estreouse a principios de xuño deste ano, afrontando unha distribución alternativa “porta por porta”, con proxeccións en teatros, auditorios, centros sociais e cinemas ó aire libre, entre outros espazos.
O filme “Encallados” naceu a partir do fracaso de intentar facer outra película, cando ó director Zarauza lle encargaran a realización dun filme sobre o Prestige, imposible de levar a cabo tendo en conta as condicións económicas e de traballo impostas. 2Encallados” narra os escasos seis días nos que o director, ao que lle dá vida Xulio Abonjo, se enfronta, xunto con dous dos membros da produtora, á difícil tarefa de contar unha historia que lles toca tan preto sen caer en tópicos ou relatos prefabricados.
“Encallados” recibiu o premio Mestre Mateo á mellor película para TV, á mellor dirección de fotografía e á mellor montaxe.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

“Cultura sobre Rodas” potencia a actividade cultural das asociacións

Seguinte Nova

A Praza de Abastos de Sarria acolleu un obradoiro de cociña para nenos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: