Oito voluntarios participan en Quiroga no programa de Voluntariado Xuvenil da Xunta

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, reuniuse co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, membros da Corporación local e voluntarios do programa da Xunta no entorno das piscinas municipais de Quiroga.   (Foto cedida).
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, reuniuse co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, membros da Corporación local e voluntarios do programa da Xunta no entorno das piscinas municipais de Quiroga. (Foto cedida).

Un total de oito voluntarios están a desenvolver en Quiroga diversas actividades de carácter lúdico e formativo, dentro do programa de Voluntariado Xuvenil da Xunta de Galicia.

ACTIVIDADES PARA OS MÁIS CATIVOS DURANTE O VERÁN
As tarefas asignadas están relacionadas coa organización de eventos destinados ós menores durante as vacacións do verán, e que inclúen dende actividades deportivas ata obradoiros creativos, ademais de certames literarios, concursos de debuxos e camisetas, excursións e actividades de “noites alternativas”.
O pasado 15 de xullo, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, achegouse ata Quiroga para coñecer a experiencia destes voluntarios e o día a día do seu desempeño, acompañado polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, os responsables municipais destas áreas, e os propios voluntarios participantes.

“O PRIMEIRO PROGRAMA EN TODA ESPAÑA QUE APOSTA POLO COMPROMISO SOCIAL DIRECTO DA MOCIDADE”
O programa de Voluntariado Xuvenil da Xunta permite este ano que un total de 69 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos se incorporen como voluntarios a proxectos solidarios de 8 concellos e 8 entidades da provincia de Lugo. En total, executarán 2.373 xornadas de acción voluntaria.
Segundo destacou o director xeral, trátase do “primeiro programa en todo o Estado que aposta polo compromiso social directo da mocidade”. Os participantes recibirán ademais unha certificación oficial da experiencia adquirida mediante este proceso de educación non formal, tal e como se establece na nova Lei de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011.
Os proxectos de voluntariado teñen unha duración de entre 15 e 60 días e céntranse en áreas relacionadas co Camiño de Santiago; coa recuperación da cultura, o arte, ou as tradicións populares galegas; cos colectivos en situación de risco; con proxectos xuvenís; con actividades ambientais ou relacionadas coa igualdade de xénero.
A Xunta destina ó programa de Voluntariado Xuvenil un total de 440.000 euros, un 17% máis que o ano pasado, o que permite que en Galicia se incorporen como voluntarios 736 mozos e mozas a proxectos de 54 concellos e 68 entidades.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Menos espera en cirurxía e consultas no Hospital de Monforte

Seguinte Nova

Curso de verán sobre desenvolvemento sostible en espazos rurais na Estación Científica de Seoane

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss