Sarria acolleu por sexto ano consecutivo o campus Baloncesto no Camiño

Con 120 rapaces e rapazas de varios puntos de España

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Do 19 ó 27 de xullo, Sarria foi a capital do baloncesto de base, coa celebración do VI Campus Baloncesto no Camiño. Unha iniciativa que congregou a 120 rapaces e rapazas de entre 6 e 17 anos, procedentes de toda Galicia e tamén de puntos tan distantes como Granada, Zaragoza ou Ceuta.
O equipo técnico, dirixido por Miguel Ángel Hoyos, director do campus, contou co adestrador do Breogán, Lisardo Gómez, entre outros profesionais da liga profesional de baloncesto. Ademais, nesta edición estiveron como técnicos visitantes o adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández, e o ex xogador do Real Madrid, Hernández Sonseca.
Ademais das sesións técnicas, os participantes disfrutaron de actividades de tempo libre, xogos e piscina, na área deportiva de Sarria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Destacado papel da monfortina Saleta Fernández no Campionato de España absoluto

Seguinte Nova

213 xogadores no OCA Maragogi TAP Portugal en Pantón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: