Sober conta este verán cunha brigada contra incendios

• Dende o 19 de xullo, e logo de realizar un curso de formación, xa está operativa a brigada contra incendios de Sober. Esta brigada, composta por un capataz e cinco peóns, realizará tarefas de limpeza en polo menos cinco hectáreas de terreo. Así, a brigada estará encargada do rozado, rareo e eliminación de restos en terreos municipais ou de dono descoñecido ou en vías nas que non pode realizarse o traballo de forma mecanizada.
Neste sentido, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradeceu as axudas da Xunta de Galicia para poder completar con esta brigada o operativo contra incendios despregado pola administración autonómica.
Por outra banda, a Consellería de Traballo concedeu unha axuda ó Concello de Sober para a contratación de dous obreiros perceptores da RISGA, que se encargarán de realizar obras de mantemento na Casa da Cultura, traballos nos edificios anexos ás piscinas municipais, e a rehabilitación dos pendellos de Cadeiras. A contratación destes dous operarios terá unha duración de sete meses.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Convenio entre o Concello de Sober e a Universidade de Vigo para a realización de práticas académicas

Seguinte Nova

Completadas as xuntanzas para elaborar os Orzamentos Participativos provinciais 2015

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss