Todo listo para celebrar en Quiroga a IX Festa da Comunidade

No Parque da Constitución, o 8 de agosto

• O venres 8 de agosto ás nove e media da noite terá lugar a IX Festa da Comunidade, organizada polo Concello de Quiroga. Será no Parque da Constitución, con cea e festa popular amenizada polo dúo local Fondo Tropical.

MENÚ E PUNTOS DE VENDA DAS ENTRADAS
Os participantes darán conta dunha gran paella de marisco, pan, bebidas variadas e tarrina de xeado. Para poder participar será preciso adquirir previamente a entrada, por un prezo de 5 euros. Os establecementos que dispoñen de tiquets son cafetería As Palmeras, bar Portón, bar Raposo, cafetería Quiper, A Taberna, bar Lago, bar Félix, bar Zorro, bar Cantar Miudiño, bar Recuncho de Dino, e na tenda Todocien. Ademais, as entradas poderán adquirirse no Centro Social, e no recinto da festa o mesmo día.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Praza de Abastos de Sarria acolleu un obradoiro de cociña para nenos

Seguinte Nova

Convenio entre Xunta e Consorcio para promocionar a Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss