A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE O SAVIÑAO RECLAMA Á DEPUTACIÓN O DESBROCE DO TRAMO FLUVIAL DENDE BELESAR ATA A PRAIA DA COVA

En un escrito dirixida á Área de Xestión Territorial do organismo provincial, este colectivo veciñal denunciaba que, “moi avanzada a estación estival”, o tramo do corredor fluvial entre Belesar e a praia da Cova non amosaba os cuidados propios desta temporada, como son a limpeza de cunetas e desbroce. No escrito recoñecen que esten traballos xa se levaron a cabo ata a igrexa da Cova e ata o pobo de Belesar, pero que era necesario acometelos nos nove quilómetros intermedios. A Asociación Veciñal de O Saviñao argumenta que este paso é un dos máis frecuentados polos visitantes, e alertaron da posibilidade de accidentes “polo angosto da estrada e porque a vexetación invade a calzada”. Solicitaron que o organismo provincial aporte unha “rápida solución”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

2ª FESTA DA TORTILLA EN RIOSECO

Seguinte Nova

En marcha as Festas Patronais de San Clodio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: