A XIX Feira da Rosca, a primeira que celebra Sober como Municipio de Interés Turístico

•A Xunta de Galicia declarou recentemente a Sober como Municipio Turístico, co que xa son 11 os concellos lucenses con esta consideración oficial

• Un total de 17 artesáns e produtores amosaron os seus produtos na XIX edición da Feira da Rosca de Sober, o primeiro evento festivo que este Concello celebra logo da súa declaración como Municipio Turístico pola Xunta de Galicia.

MÚSICA FOLK, ANIMACIÓN E DEGUSTACIÓN GRATUÍTA DE ROSCA E LICOR CAFÉ
O 11 de agosto comezaron os festexos, coa apertura dos stands ás nove da noite, seguida por un espectáculo folk e unha sesión de animación infantil. Ademais, inaugurouse a carpa informativa Xplora Xuventude. A xornada rematou cunha degustación gratuíta de rosca de Sober con licor café.

DEGUSTACIÓN DE ROSCA E QUEIXO DO PAÍS, CON MÚSICA E BAILE TRADICIONAIS
O día grande da Feira da Rosca amaneceu con música tradicional, que acompañou ós visitantes durante toda a mañá. Ó mediodía tivo lugar a tradicional degustación gratuíta de 1.000 racións de rosca acompañadas de queixo do país, por xentileza de Queserías Prado.
Cabe sinalar que o cartel deste ano estivo firmado polo artista local Humberto Loureiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha a segunda fase da mellora do CEIP Virxe do Carme en Sober

Seguinte Nova

Sober renova a imaxe do anfiteatro da Praza do Toural

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

 
A %d blogueros les gusta esto: