O mes de agosto amosa en Monforte unha gran tradición deportiva, coincidindo coa celebración das Festas Patronais. Logo de diversos torneos celebrados na primeira semana do mes, o día 15 terá lugar o torneo de fútbol das Festas Patronais, que organiza como todos os anos o Club Lemos, no Campo Municipal de A Pinguela. Pola súa banda, o Club Río Cabe organiza para o día 17 o Torneo de Golf Concello de Monforte.
Para promover a prática deportiva, o CB Val de Lemos e o Concello de Monforte organizan entre o 18 e o 22 de agosto o III Campus de Baloncesto Cidade de Monforte, no Pavillón Municipal de A Pinguela.
Outro dos torneos será a quinta edición no Torneo de Volei Praia Concello de Monforte, entre o 19 e o 24 de agosto, no Parque dos Condes. O tenis tamén ten o seu espacio este mes, coa celebración do 15º Torneo de Tenis Cidade de Monforte, que se celebrará nas pistas municipais de A Pinguela do 22 ó 31 de agosto.
O día 23 haberá unha cita doble co fútbol local. Nesta data, disputarase o Trofeo Futbol Base Festas Patronais, organizado polo Calasancio no Campo de Fútbol dos Escolapios, e tamén o partido de fútbol veterán que enfrontará a A.D.Veteráns contra a Ponferradina Veteráns no campo de A Pinguela.
Xa en setembro, o Calasancio organiza o día 20 o Torneo de fútbol 8 de prebenxamín ata alevín, e o Club Billar Templarios será o anfitrión do Open Bola 8, que se cele brará os días 6 e 7 de setembro nas instalacións do clube.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa