O Deportivo de A Coruña visitou Monforte o pasado 5 de agosto para disputar no estadio de A Pinguela un partido amistoso contra o Racing de Ferrol, ó que venceu por dous goles a cero. Cheo en A Pinguela para ver xogar ó Depor, xa de volta en Primeira División.
Na tribuna de autoridades, o alcalde de Monforte, o presidente do Club Lemos, e o voceiro socialista no Concello de Monforte acompañan a Wilson Jones, histórico xogador do Lemos, que formou parte da plantilla do Real Madrid, e foi o único internacional español que pasou polas filas do conxunto lemista. Jones foi o encargado de realizar o saque de honra do encontro.
A afición ferrolana animou en todo momento ó seu equipo, que fixo un bo papel neste amistoso, creando moitas ocasións. Os numerosos ferroláns que se desprazaron ata A Pinguela lamentaron a inxusta derrota do seu equipo.