Amistoso do Deportivo en Monforte no seu traballo de pretemporada

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O Deportivo de A Coruña visitou Monforte o pasado 5 de agosto para disputar no estadio de A Pinguela un partido amistoso contra o Racing de Ferrol, ó que venceu por dous goles a cero. Cheo en A Pinguela para ver xogar ó Depor, xa de volta en Primeira División.

Na tribuna de autoridades, o alcalde de Monforte, o presidente do Club Lemos, e o voceiro socialista no Concello de Monforte acompañan a Wilson Jones, histórico xogador do Lemos, que formou parte da plantilla do Real Madrid, e foi o único internacional español que pasou polas filas do conxunto lemista. Jones foi o encargado de realizar o saque de honra do encontro.

A afición ferrolana animou en todo momento ó seu equipo, que fixo un bo papel neste amistoso, creando moitas ocasións. Os numerosos ferroláns que se desprazaron ata A Pinguela lamentaron a inxusta derrota do seu equipo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Manuel Hernández compite cos mellores talentos do golf no Boys Amateur Championship

Seguinte Nova

60.000 euros en obras de acondicionamento nas estradas provinciais de A Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: