Convenio entre Concello e Deputación para a continuidade do Conservatorio de Música de Monforte

Para mantemento e gastos de funcionamento

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, durante a firma do convenio de colaboración a finais do mes pasado. (Foto cedida).
O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, durante a firma do convenio de colaboración a finais do mes pasado. (Foto cedida).

• O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, asinou co alcalde de Monforte de Lemos, Severino Rodríguez, un convenio de colaboración entre ámbalas institucións para o mantemento e gastos de funcionamento do Conservatorio Profesional Municipal de Música “Mestre Ibáñez”.

CRÍTICAS Ó “ABANDONO DA XUNTA” CARA ÁS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE MÚSICA
Durante a xuntanza, Outeiro criticou “a falla de compromiso por parte da Xunta de Galiza coa ensinanza dos Conservatorios municipais da provincia de Lugo”, e lembrou que “o noso compromiso con esta entidade municipal, queda reflectido na colaboración anual que a institución provincial aporta ao Conservatorio, que este ano se traduce nunha axuda de 15.000 euros, unha subvención que se sitúa no marco de colaboración que a área de Cultura da Deputación de Lugo mantén cos conservatorios de música de titularidade municipal, como son o caso de Viveiro, Vilalba, ademais do de Monforte de Lemos”.
Pola súa banda, Severino Rodríguez agradeceu “a colaboración que está prestando a Deputación de Lugo para dar continuidade á actividade do Conservatorio de Monforte de Lemos”, e criticou “o abandono e deixadez amosado pola Xunta de Galiza, que en última instancia é quen realmente se tiña que facer cargo deste centro de ensinanza profesional, dadas as súas competencias en materia de Educación”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha as Festas Patronais de San Clodio

Seguinte Nova

Primeiro paso para recuperar o complexo de Augas Mestas

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: