En marcha a segunda fase da mellora do CEIP Virxe do Carme en Sober

•O conselleiro de Educación visitou Sober para revisar o proxecto, que anunciou estará rematado para o comezo do vindeiro curso escolar en setembro

O conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez Abad, supervisou en Sober o proxecto da segunda fase dos traballos de mellora do CEIP Virxe do Carme, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e os responsables do centro educativo. (Foto cedida).
O conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez Abad, supervisou en Sober o proxecto da segunda fase dos traballos de mellora do CEIP Virxe do Carme, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e os responsables do centro educativo. (Foto cedida).

• O conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez Abad, visitou Sober a comezos deste mes, para supervisar o proxecto da segunda fase das obras de mellora do CEIP Virxe do Carme, que estarán rematados para o mes de setembro, coincidindo co comezo do curso escolar. Este proxecto supón a renovación dos cerramentos laterais do pavillón deportivo do centro, coa substitución do antigo cerramento de chapa metálica por un novo de paneis sándwich, sobre correas metálicas, que facilitarán tamén a completa conexión da estrutura do pavillón coa edificio do colexio. A continuación, mellorarase o acceso ó pavillón, coa apertura dunha entrada independente do centro. Ademais, acometerase a reforma dos aseos de Educación Infantil, e da zona da biblioteca escolar, coa ampliación do espazo interior da sala, a adaptación da instalación eléctrica e o pintado das paredes. O investimento total será de 40.000 euros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga celebrou as Festas do Verán e a XXIII Mostra do Mel

Seguinte Nova

A XIX Feira da Rosca, a primeira que celebra Sober como Municipio de Interés Turístico

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: