En marcha as Festas Patronais de San Clodio

•O 13 de agosto arrincan as Festas Patronais de San Clodio, con posto de polbo nos lugares de costumbre, e dous concertos no Anfiteatro da Praia Fluvial, a partir das 22 horas, a cargo da cantautora Tania Pereira e o grupo de Rock Luke Bowman Band.

XOGOS POPULARES NA MAÑÁ DO DÍA 14
O xoves 14 haberá xogos populares a partir das 11 horas na Aula de Pesca e na Praia Fluvial. A xornada rematará con festa e verbena a cargo da orquestra Gran Parada.

ACTOS DO DÍA 15
A mañá do venres 15 de agosto abrirá con pasarrúas do Grupo de Gaitas de Ribas do Sil, e ás 12 horas sairá a tradicional procesión polas rúas de San Clodio. A misa solemne será ás 13 horas, coa actuación da Coral Renfe de Monforte. A noite reserva o espacio para a música máis popular, con festa e verbena a cargo da orquestra Manila e o grupo Intuición.

PROGRAMA DO 16
O sábado 16 terá un calendario moi especial dentro da celebración das Festas Patronais de San Clodio. Así, ás 15,30 horas comezará a tradicional Subida Ciclista a Torbeo. Pola noite, a música terá en San Clodio unha doble convocatoria. Ás 21 horas, comezará un concerto de música clásica na igrexa de San Clodio, a cargo do Grupo de Música Antiga 1500, que interpretará un percorrido musical dende o século XIII ata o século XVI. Esta cita forma parte dos Concertos do Verán do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Xa pola noite, a festa e a verbena correrán a cargo do grupo Amerikan Top.

17 DE AGOSTO, DÍA DA XUVENTUDE
Na mañá do 17, haberá inchables na Praia Fluvial, de 11,30 a 13,30 horas, con futbolín humano, tirachinas, festa da espuma, boogie, talleres de chapas, e taller de xogos populares, entre outros. Pola tarde, de 17,30 a 20 horas, os inchables terán a visita de Mickey Mouse. Ás 20 horas, a compañía Amoriños Contei realizará un espectáculo de monicreques no Anfiteatro, e obsequiarase cunha minimerenda ós nenos e nenas participantes nos inchables. A Praza do Concello acollerá unha pancetada dende as 22 horas, seguido do concerto dos alumnos da Escola de Música de Ribas do Sil, a partir das 22,30 horas. As Festas Patronais de San Clodio rematarán cunha sesión de discomóbil a partir das 23,30 horas, na Praza do Concello.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE O SAVIÑAO RECLAMA Á DEPUTACIÓN O DESBROCE DO TRAMO FLUVIAL DENDE BELESAR ATA A PRAIA DA COVA

Seguinte Nova

Convenio entre Concello e Deputación para a continuidade do Conservatorio de Música de Monforte

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: