En marcha as obras de acceso do Porto Seco coa estrada LU-933

Está previsto que rematen a finais de 2015

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio, e Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisou os primeiros traballos dos accesos do Porto Seco de Monforte á LU-933, acompañada polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde. CMATI.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio, e Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisou os primeiros traballos dos accesos do Porto Seco de Monforte á LU-933, acompañada polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.
CMATI.

• O pasado 8 de agosto, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisou os primeiros traballos acometidos nos accesos do Porto Seco á estrada LU-933. Estas obras contan cun investimento da Xunta de Galicia de 6,2 millóns de euros, e cofinanciado nun 80% cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Según precisou a titular autonómica, as obras de acceso a este vial estarán completadas a finais de 2015.

CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS DESTE ACCESO
As obras que comezaron este mes consisten na construción dunha estrada de aproximadamente dous quilómetros de lonxitude, con dous carrís de 3,5 metros de largo, e beiravías de 2,5 metros. O enlace coa estrada LU-933 resólvese por medio dunha glorieta ampla de dous carrís de 4 metros de largo e beiravías de 1 metro. Ademais, no punto quilométrico 0+520 proxéctase outra glorieta das mesmas características e dimensións, na que a vía cambia de dirección, de oeste-leste a norte-sur, para dirixirse cara ó sur en dirección á estrada autonómica.
O treito obxecto desta actuación conta con catro viadutos, tres sobre vías existentes, que coinciden cos puntos quilométricos 2+265, 2+477, 2+634, e outro sobre o regato Rioseco no punto quilométrico 2+940, ademais dun paso superior sobre o punto 3+182.
«UNHA ZONA ATRACTIVA PARA INVESTIR»
Durante a súa visita ó lugar das obras, a conselleira sinalou que dende a Xunta de Galicia se ten «plena confianza en Monforte e nas súas capacidades industriais», polo que o Porto Seco e os seus accesos son actuacións «que sitúan a Galicia e á Terra de Lemos, en particular, como unha zona atractiva para investir, polo que cómpre estar nas mellores condicións para este período de crecemento que xa se empeza a visualizar». Neste sentido, Ethel Vázquez destacou os «múltiples esforzos que dende a Consellería de Economía e Industria se están a realizar na promoción internacional do solo do Porto Seco, que sen dúbida serán clave na atracción de investimentos».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os establecementos asociados ó CCA Chantada desenvolven en agosto a campaña “Máis que Comercio!”

Seguinte Nova

Os comercios e negocios hostaleiros de Sarria distribuirán un novo rueiro turístico da vila xacobea

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: