A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte (UAD) vén de desenvolver no que vai de verán diversas accións formativas encamiñadas á prevención da drogodependencia e á mediación en situacións deste tipo. Así, o personal da UAD colaborou no campamento de verán organizado na Piscina Municipal de Monforte, desenvolvendo diversos talleres dentro desta actividade. Por outra banda, este ano a UAD está a impartir ós socorristas do Club Fluvial de Monforte un curso de “Mediadores xuvenís en drogodependencias”, que se desenvolve nas propias instalacións deste complexo deportivo. Dende a UAD consideran fundamental este tipo de actuacións, xa que os monitores e socorristas interactúan coa mocidade durante o seu tempo de lecer, o que facilita unha maior comunicación e receptividade das tarefas de prevención da drogodependencia.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) continúa coa súa labor de difusión do programa
O Mesón Ferreiriño alzouse co título de tapa gañadora no concurso Val de Quiroga de Tapas
O Xeoparque Montañas do Courel lanzou un concurso para seleccionar o seu novo logo, adaptado ás
O Obradoiro Dual de Empleo Serra do Faro VIII está a facer unha importante contribución á
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,