•Durante todo o mes de agosto, o comercio asociado ó CCA Chantada está a desenvolver a campaña “Máis que Comercio!”, unha iniciativa da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia para impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes. Así o explicaba na presentación da campaña a comezos deste mes a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, quen suliñou “a importancia do traballo que desenvolven os centros comerciais abertos”.
As persoas que merquen nos comercios asociados ao CCA de Chantada reciben durante todo o mes un cupón por cada 5 euros de compra, o que lles permite participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com.
Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, os interesados poderán optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 euros no CCA de Chantada para mercar no comercio local. Ó remate do mes, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na iniciativa recibirá un recoñecemento público ó seu labor. •
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao solicitou á Deputación de Lugo a reparación de dúas estradas provinciais
A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No
Unha vintena de representantes dos diferentes concellos desde Ponferrada a Santiago reúnense en Chantada para impulsar
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas