Quiroga celebrará a I Festa Castrexo Romana o 23 de agosto

•Este novo evento lúdico, denominado Qui-Roma, terá lugar na Praza Maior •Haberá animación todo o día, desfiles e mercado de ambientación romana, e Festa da Sangría pola noite

• O sur de Lugo conta xa cun novo evento de reminiscencias históricas. Trátase do Qui-Roma, a I Festa Castrexo Romana de Quiroga, que se celebrará nesta capital comarcal o vindeiro sábado 23 de agosto.

PROGRAMA DA I FESTA CASTREXO ROMANA DE QUIROGA
Organizada pola Asociación Quiroma,e coa colaboración do Concello de Quiroga e a Deputación de Lugo, esta nova cita lúdica ofrece actividades para todos os públicos ó longo do día. Así, ás 11 da mañá do sábado 23 de agosto, abriranse os postos do Mercado Romano, instalado na Praza Maior, espazo que acollerá a actividade festiva de todo o día. Ademais, as cohortes romanas desfilarán polas rúas de Quiroga, para intensificar o ambiente histórico deste evento. Ademais, a animación musical estará presente en toda a xornada.
Á unha e media, e xa pensando no xantar, haberá diversos postos de pulpo na Praza Maior.
Xa pola tarde, e dende as seis, desenvolveranse diversos xogos infantís e para adultos no espazo da I Festa Castrexo-Romana.
O broche final da celebración será a Festa da Sangría, na que dende as oito da tarde ata as tres da mañá se poderá disfrutar de comida e bebida «a fartar», según reza o cartel anunciador, así como dunha discomóvil. O prezo da entrada á Festa da Sangría será de 10 euros para os non disfrazados de romanos, e de 8 euros para todos aqueles que acudan convenientemente caracterizados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Goberno provincial esixirá a Fomento a eliminación dos pasos a nivel de Monforte

Seguinte Nova

Quiroga celebrou as Festas do Verán e a XXIII Mostra do Mel

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: