
• A primeira semana de agosto comezaron os traballos na intervención artística mural que a veciña de Sober Doa Ocampo está a realizar no anfiteatro da Praza do Toural. O Goberno local aceptou a proposta de Ocampo, que inclúe ademais a realización de pinturas murais noutros espazos públicos do municipio. Estas intervencións artísticas tamén se extenderán a enclaves das rutas de paso turístico, con temáticas vinculadas ás singularidades de cada localización.
RECUPERACIÓN DOS ESPAZOS PÚBLICOS, E CONCIENCIACIÓN DA SÚA CONSERVACIÓN
Según explicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, estas actuacións permitirán reconverter espazos deteriorados ou vadíos “en lugares cheos de vida e de cor para o desfrute colectivo de veciños e visitantes”. Asimesmo, Guitián engadiu que este proxecto de actuación “axudará a que avancemos tamén na incentivación e concienciación da preocupación polo espazo público”. Doa Ocampo, explicou que este proxecto trata de promover “formas de expresión contemporáneas a través deste ferramenta comunicativa que é a arte”.•