A Escola Municipal de Música de Brollón abre o prazo de matrícula ata o 23 de setembro

•O Concello de A Pobra do Brollón informou de que está aberto o prazo de matrícula da Escola de Música Municipal Samoeiro, ata o día 23 de setembro. A inscrición e matrícula deberán formalizarse na Biblioteca Municipal, situada no edificio da Casa da Cultura Olga Novo en A Pobra. O horario de atención ó público é de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas, de luns a venres.
Dende o Concello informaron de que non hai límite de idade para os interesados en inscribirse nos diferentes cursos. A oferta educativa para o curso 2014-2015 na Escola de Música Municipal Samoeiro inclúe as materias de Acordeón, Gaita, Percusión tradicional, Piano, Frauta traveseira, requinta e formación vocal orientada á participación dos seus alumnos e alumnas no Coro da Escola Municipal de Música. Ademais, a oferta complétase con Iniciación Musical, Música e Movemento para nenos e nenas de 5 a 7 anos, e Linguaxe Musical.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música e Danza de Monforte

Seguinte Nova

Aínda hai prazas libres no programa Termalismo no Camiño

Últimas noticias sobre CULTURA

 TRADIGALU 2023

Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de

MORGAN

Un dos primeiros grupos confirmados para o Festival 17º 2023 Xa está en marcha a edicicón

ESPECIAL ENTROIDO 2023

Imaxinación e moita festa no Entroido no sur de Lugo SARRIA QUIROGA SOBER BÓVEDA BROLLÓN CHANTADA

A %d blogueros les gusta esto: