Aínda hai prazas libres no programa Termalismo no Camiño

•Lucenses maiores de 50 anos xa están a disfrutar de tratamentos termais con descontos en balnearios lucenses •En agosto inscribíronse 435 persoas nesta iniciativa promovida pola Deputación de Lugo•Para apuntarse ó programa, hai que chamar ó teléfono 982 26 00 75 ou entrar na web www.deputacionlugo.gal

As persoas que se anotaron no mes de agosto xa empezaron a disfrutar dos tratamentos termais subvencionados pola Deputación dentro do programa Termalismo no Camiño. GPDL.
As persoas que se anotaron no mes de agosto xa empezaron a disfrutar dos tratamentos termais subvencionados pola Deputación dentro do programa Termalismo no Camiño. GPDL.

• Dende mediados de agosto, está en marcha o programa Termalismo no Camiño, que ofrece tratamentos terapéuticos subvencionados en balnearios da nosa provincia a lucenses maiores de 50 anos. Nesta iniciativa da Deputación de Lugo xa se levan inscritos no mes de agosto un total de 435 persoas, e aínda quedan outras 765 prazas subvencionadas para participar neste programa ata o mes de decembro.
As persoas que se inscriban neste programa termal poderán disfrutar dun desconto de 50 euros, subvencionado pola Deputación de Lugo, en tratamentos termais no Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas, no Hotel Balneario Río Pambre e no Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort de Pantón. Os paquetes subvencionados inclúen 6 días con 5 noites de estancia, 5 pensións completas, cea e aloxamento o domingo de entrada, almorzo e comida e 8 técnicas de balneario o venres de saída, un recoñecemento médico á chegada, e programas con actividades de animación sociocultural de luns a xoves. Ademais, poderanse prolongar os tratamentos terapéuticos ata os 10 días, sen desconto os 5 días a maiores, pero con prezos economicamente vantaxosos.
A Deputación de Lugo destina 60.000 euros dos fondos europeos á cuarta edición do programa Termalismo no Camiño, co obxectivo de impulsar o benestar social e o turismo medioambiental.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Escola Municipal de Música de Brollón abre o prazo de matrícula ata o 23 de setembro

Seguinte Nova

Samos busca recuperar a súa tradición oleira

Últimas noticias sobre DEPORTES

     
A %d blogueros les gusta esto: