COMEZAN EN QUIROGA AS “NOITES ALTERNATIVAS” PARA OS MAIORES DE 12 ANOS

A Área de Xuventude do Concello de Quiroga vén de poñer en marcha o programa lúdico “Noites Alternativas”, destinado a rapaces e rapazas a partir de 12 anos. As sesións teñen lugar os sábados do mes de setembro na Casa da Cultura, dende as dez ata as doce da noite. O programa ofrece actividades como futbolín, playstation, internet ou obradoiros de adaptación saudable para a xuventude. Por outra banda, unha gran festa nas piscinas municipais puxo o broche de clausura dos Campamentos de Verán de Quiroga, na última fin de semana de agosto. Un total de 120 nenos e nenas de entre 2 e 12 anos participaron nas diferentes actividades ó longo do periodo estival, que incluíron, entre outras, clases de reforzo, inglés, manualidades, xogos, obradoiros educativos, natación e deportes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Brollón recupera o alumeado nocturno das rúas dende este mes

Seguinte Nova

Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música e Danza de Monforte

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: