Denuncian esperas de ata sete días para ser atendidos polo médico de cabeceira en Brollón

Durante o mes de agosto

•O Bloque Nacionalista Galego de A Pobra do Brollón denunciou que no mes de agosto os veciños do municipio tiveron que esperar “até unha semana” para ser atendidos polo único médico de cabeceira que estaba en servizo no centro de saúde de A Pobra. Dende o Goberno local de Brollón instaron á Consellería de Sanidade a “dotar de máis persoal ó centro médico da localidade para que os veciños e veciñas reciban unha atención médica axeitada”.

REDUCIÓN DO NÚMERO DE MÉDICOS NO CENTRO DE SAÚDE DE BROLLÓN
O alcalde de Brollón, Xosé Lois Maceda, denunciou o “malestar” que causou entre a veciñanza a non substitución dun facultativo, co que o número de médicos de Atención Primaria no centro de saúde de A Pobra pasou de tres a dous. A mediados de agosto, esta situación agravouse pola baixa por enfermidade dun destes médicos, ó que a Consellería de Sanidade respondeu enviando un médico substituto un día á semana. Dende o Concello criticaron esta decisión, xa que ocasionaba “un grave prexuício” para os veciños e tamén para o persoal sanitario, dado que a poboación se duplica nesta época do ano. Ademais, hai que lembrar que dos 1.894 veciños censados en A Pobra do Brollón, o 60% ten máis de 65 anos, e o 10% máis de 80.

DENUNCIA DA “DESATENCIÓN SANITARIA” POLOS RECORTES DO GOBERNO CENTRAL
O alcalde criticou que esta situación de “desatención sanitaria” débese “á política de recortes en servizos sociais básicos como a sanidade ordenados dende Bruxelas por Angela Merkel e aplicados sen rechistar polo Partido Popular na Xunta de Feijóo e no Goberno do Estado de Rajoy”. Xosé Lois Maceda defendeu que os veciños de A Pobra do Brollón “deben ter os mesmos servizos sanitarios de primeira que ten o anterior rei cando ía operar a cadeira”, e pide “que se recorte en gastos militares, pero non na saúde da xente”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

PRETO DE 80 PERSOAS DISFRUTARON DAS ACTIVIDADES LÚDICO-DEPORTIVAS DO PROGRAMA LUGOTEANDO EN BROLLÓN.

Seguinte Nova

Brollón recupera o alumeado nocturno das rúas dende este mes

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: