O claustro do Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu este ano a Feira de Artesanía

O evento contou con gran afluencia de veciños e turistas

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Do 22 ó 24 de agosto, a creatividade e o bo facer dos artesáns lucenses amosouse ó numeroso público que visitou a Feira de Artesanía no claustro do Centro do Viño da Ribeira Sacra.
Entre os visitantes, estivo presente a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, quen se interesou polo traballo dos artesáns participantes na Feira, en especialidades tan diversas como o téxtil, a cerámica, o vidro ou o coiro. EC.

Preto de 1.000 persoas participaron na segunda edición dos Sábados Artesáns

•Esta iniciatiava ofreceu artesanía en directo nas mañás dos sábados de agosto no claustro do Centro do Viño da Ribeira Sacra •Os visitantes coñeceron de primeira man o traballo dos artesáns en téxtil, madeira, cerámica, cestaría e coiro

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Os Sábados Artesáns congregaron a unha media de 200 visitantes por xornada, que se achegaron ó claustro do Centro do Viño durante os cinco sábados de agosto para coñecer en directo cómo traballan os nosos artesáns. Téxtil, madeira, as técnicas da cerámica, a cesteiría tradicional e moderna, así como o coiro foron os protagonistas. destas xornadas. Os II Sábados Artesáns foron organizados pola Asociación de Artesáns Terras de Lemos, o Centro do Viño da Ribeira Sacra e o Concello de Monforte, coa colaboración da Deputación de Lugo. (Fotos: EC).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os participantes na campaña «Máis que comercio!» en Sarria premiaron a Calzados Gayoso

Seguinte Nova

O programa Mo-vémonos, unha oportunidade para o benestar físico e o encontro social no rural lucense

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: