O proxecto de iluminación exterior de Bóveda permitirá aforros de ata un 60% na factura da luz

A Xunta achega 300.000 euros a sete concellos lucenses para aforrar no alumeado público exterior

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, acompañado da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, durante a súa visita ó concello de Bóveda, para coñecer de primeira man as características no novo proxecto de iluminación pública exterior que se vai poñer en marcha neste municipio. CEI.
O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, acompañado da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, durante a súa visita ó concello de Bóveda, para coñecer de primeira man as características no novo proxecto de iluminación pública exterior que se vai poñer en marcha neste municipio. CEI.

• A preocupación dos concellos lucenses por reducir a factura da luz sen merma dos servizos vén de acadar resposta nos novos proxectos de axuda ó aforro enerxético impulsados pola Xunta de Galicia. A Consellería de Economía e Industria resolveu no mes de agosto a liña de axudas destinadas á renovación dos equipos de iluminación pública exterior, que este ano se estableceron a través de agrupacións municipais. Na nosa provincia, foron cinco as agrupacións de concellos que foron obxecto destas axudas, e que integran a un total de 29 municipios lucenses.

RENOVACIÓN DAS LUMINARIAS POR OUTRAS MÁIS EFICIENTES
No sur de Lugo, Bóveda é un dos concellos que se vai beneficiar destas medidas de eficiencia enerxética a través das axudas da Xunta de Galicia. Según explicou o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, na súa visita a este concello o mes pasado, o obxectivo deste programa posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria céntrase en impulsar o aforro enerxético dos concellos mediante axudas para substituír as luminarias da rede de alumeado público por outras enerxeticamente máis eficientes.

MÁIS DE 40.000 EUROS DE AFORRO NA FACTURA ANUAL DE LUZ NO CONXUNTO DESTES SETE CONCELLOS
Tahoces suliñou que estas axudas beneficiarán no sur de Lugo a un total de sete concellos, integrados na mesma agrupación municipal que Bóveda. Así, este concello, xunto cos de Paradela, Sarria, A Pobra de Brollón, Quiroga, Folgoso do Courel e Monforte de Lemos, poderán acadar un aforro na factura eléctrica de máis de 40.000 euros en total por exercicio, logo da implantación destas medidas. Isto suporá ademais un aforro enerxético de arredor de 233.000 kilowatios ó ano.
Según explicou o director xeral de Enerxía e Minas, o proxecto impulsado pola Consellería de Economía e Industria suporá un aforro económico para o concello de Bóveda de máis de 3.500 euros por exercicio. No caso de Paradela, a diminución do gasto en luz será de máis de 6.000 euros, mentres que en Sarria se estima en preto de 16.100 euros. Pola súa banda, a cifra de aforro estimada en A Pobra do Brollón será de 1.000 euros anuais, en Quiroga preto de 4.500 euros, e arredor de 2.500 euros en Folgoso do Courel. Por último, o aforro anual estimado para Monforte de Lemos será de máis de 5.000 euros.

A EFICIENCIA ENERXÉTICA TAMÉN TEN UN IMPACTO POSITIVO NO MEDIO AMBIENTE
Tahoces suliñou ademais que este proxecto non só ten unha repercusión positiva a nivel económico, senón que tamén destaca pola súa aposta polo medio ambiente. Así, o director xeral de Enerxía e Minar apuntou que o conxunto das novas instalacións nestes sete municipios suporán unha redución das emisións á atmosfera de preto de 150 toneladas de CO2 ó ano, o que equivale á plantación de 7.570 árbores. “A través desta actuación contribuímos ó aforro enerxético dos concellos nunha das súas partidas máis destacables, tendo en conta que a iluminación pública supón, de media, case o 70% do consumo eléctrico dun municipio”, explicou Ángel Bernardo Tahoces, quen destacou tamén a “especial sensibilidade” da Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia, cos municipios, por ser estes “a administración local a máis achegada aos cidadáns”.
Durante a visita a Bóveda do director xeral de Enerxía e Minas, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou a importancia de xestionar estes investimentos autonómicos a través de agrupacións de concellos, “o que permite abordar actuacións máis ambiciosas optimizando os custos e os recursos”. Arias destacou que a Xunta destinou neste programa preto de 300.000 euros para os 7 concellos, dos que Bóveda, Paradela, Sarria, Quiroga e Monforte de Lemos recibiron 51.000 euros cada un, A Pobra do Brollón máis de 16.000 euros, e 25.500 euros Folgoso do Courel.
Ángel Bernardo Tahoces lembrou os preto de 40 proxectos deste tipo que se desenvolveron na nosa provincia dende 2009, e que en Galicia beneficiaron a máis de 230 municipios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Samos busca recuperar a súa tradición oleira

Seguinte Nova

As festas do verán e as boas cifras do turismo animaron as rúas no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: