Os participantes na campaña «Máis que comercio!» en Sarria premiaron a Calzados Gayoso

Pulo á dinamización do pequeno comercio

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o alcalde de Sarria, José Antonio García; e o presidente de ACES-CCA Sarria, Ricardo Arias, durante a entrega do premio ó establecemento máis votado de Sarria na campaña "Máis que comercio!", que correspondeu a Calzados Gayoso. CEI.
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o alcalde de Sarria, José Antonio García; e o presidente de ACES-CCA Sarria, Ricardo Arias, durante a entrega do premio ó establecemento máis votado de Sarria na campaña «Máis que comercio!», que correspondeu a Calzados Gayoso. CEI.

• A mediados do mes de agosto, tivo lugar en Sarria a entrega do premio ó establecemento máis votado na campaña «Máis que comercio!», posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria, e que correspondeu ó establecemento Calzados Gayoso, unha firma implantada nesta vila xacobea dende os anos 50, e que vende calzado de todo tipo para todas as idades.

CAMPAÑA PARA RESALTAR OS VALORES DO COMERCIO DE PROXIMIDADE
Na entrega de premios estiveron presentes o alcalde de Sarria, José Antonio García; o presidente de ACES-CCA Sarria, Ricardo Arias; e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, quen suliñou os obxectivos principais desta campaña, que está a percorrer Galicia ó longo de todo o ano. «A finalidade desta iniciativa é resaltar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ó cliente ou a variedade, ademais de resaltar o traballo dos centros comerciais abertos para mellorar a competitividade do pequeno comercio», precisou Arias.
A delegada territorial da Xunta en Lugo fixo entrega a Calzados Gayoso do diploma que o acredita como o establecemento favorito dos consumidores. Ademais, entregou os tres cheques que se sorteaban, un por valor de 200 euros e dous por valor de 100 euros, ás tres compradoras que resultaron gañadoras.
Dentro da campaña «Máis que comercio!», os consumidores recibían por cada 5 euros de compra un boleto de participación, e introducindo o código na web www.maisquecomercio.com podían votar ao seu comercio favorito ao tempo que optaban a un dos 161 premios que achegaron a Xunta, o Centro Comercial Aberto e os establecementos participantes.

ALTA PARTICIPACIÓN DOS CONSUMIDORES SARRIÁNS NESTA CAMPAÑA
Raquel Arias destacou o interese que espertou en Sarria esta iniciativa da Dirección Xeral de Comercio, dependente da Consellería de Economía e Industria, xa que a web habilitada para a participación recibiu máis de 11.200 chamadas de usuarios dos 81 comercios que se sumaron á campaña.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O 15 de setembro comezan en Monforte as actividades socioculturais e de envellecemento activo para maiores de 60 anos

Seguinte Nova

O claustro do Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu este ano a Feira de Artesanía

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss