PROHIBIDAS ATA O 30 DE SETEMBRO AS QUEIMAS DE RESTOS AGRÍCOLAS E FORESTAIS

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembrou que as queimas de restos agrícolas e forestais están prohibidas en Galicia ata o 30 de setembro inclusive. Esta medida de carácter preventivo adoptouse a finais de agosto ante a previsión de altas temperaturas e de vento típicas do período estival. O Decreto 105/2006 que regula medidas relativas á prevención de incendios forestais prohíbe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Neste sentido, a Consellería de Medio Rural e Mar aconsella limitar o acceso ó monte das persoas e dos vehículos. Asimesmo, lembra que está prohibido fumar, facer lume e queimas no monte, e usar utensilios que xeren lume para cociñar ou iluminar. Tamén lembra que é obrigatorio identificarse ante os axentes, así como pedir autorización para traballar con maquinaria non forestal nin agrícola que poida soltar faíscas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Pobra do Brollón acollerá unha xornada sobre o novo marco lexislativo dos montes comunais en Galicia

Seguinte Nova

O 15 de setembro comezan en Monforte as actividades socioculturais e de envellecemento activo para maiores de 60 anos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: