Samos busca recuperar a súa tradición oleira

•Deputación e Concello asinaron un convenio para a conservación e promoción desta importante actividade •O convenio inclúe un curso de olería que se desenvolverá no Mosteiro de Samos entre setembro e novembro

A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, e a deputada de Artesanía, Regina Polín, acompañadas do alcalde de Samos, Julio Gallego Moure, e o prior do Mosteiro, José Luis Vélez, logo da sinatura do convenio na Casa Consistorial de Samos. GPDL.
A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, e a deputada de Artesanía, Regina Polín, acompañadas do alcalde de Samos, Julio Gallego Moure, e o prior do Mosteiro, José Luis Vélez, logo da sinatura do convenio na Casa Consistorial de Samos. GPDL.

• A recuperación da tradición oleira de Samos é o obxectivo do convenio asinado entre a Deputación de Lugo e o Concello de Samos, e que inclúe a posta en marcha de diversas actuacións para reactivar esta actividade artesanal. A finais do mes de agosto, a vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, e a deputada de Artesanía, Regina Polín, asinaron na Casa Consistorial de Samos este convenio co alcalde Julio Gallego Moure, e coa presencia do prior do Mosteiro de Samos, José Luis Vélez. Méndez destacou que “este convenio é un paso máis na aposta da Deputación pola recuperación do patrimonio etnográfico e cultural de Samos e, polo tanto, de toda a nosa provincia”. A vicepresidenta segunda lembrou asimesmo que “o labor de conservación e potenciación da tradición cultural lucense é traballo de todos, administracións e veciños”.

CURSO DE OLERÍA IMPARTIDO POR UN DOS ÚLTIMOS ARTESÁNS OLEIROS DE SAMOS
Según explicaron os responsables provinciais e municipais, este convenio, por importe de 6.250 euros, permitirá o desenvolvemento de diferentes actividades en prol da recuperación e promoción do oficio dos cacharreiros de Samos. Unha das primeiras iniciativas será un curso de olería que se celebrará no Mosteiro de Samos do 15 de setembro ata o 21 de novembro. Este curso, que inclúe un total de 250 horas lectivas en horario de 16,00 a 21,00 horas, será impartido por un dos últimos artesáns oleiros da zona. As persoas interesadas en optar a unha das 10 prazas dispoñibles neste curso poderán obter toda a información e realizar a súa inscrición na web www.deputacionlugo.gal. Según informaron os responsables desta iniciativa, as inscricións formalizaranse por rigorosa orde de solicitude.

DENDE A PREPARACIÓN DO BARRO ATA OS SEGREDOS DA COCCIÓN DAS PEZAS DE SAMOS
Os contidos desta acción formativa serán, por unha banda, de carácter teórico, co achegamento ó estudo e análise das pezas tradicionais da olería de Samos, así como coñecementos acerca das barreiras ou xacementos de barro, e dos fornos tradicionais. Por outra banda, o curso inclúe unha fase prática, onde se traballará sobre a preparación do barro, as técnicas de torneado, de churro e de planchas, a realización de vidrados sen chumbo, e o achegamento ós segredos da cocción das pezas.

IMPORTANTE PATRIMONIO CULTURAL
A actividade oleira en Samos data do século XVIII, e mantivo a súa intensa presencia neste municipio ata os anos 1950, coa peculiaridade da doble cámara dos fornos, unha para combustión e outra para cocción, que os diferenciaban das demais zonas oleiras da nosa provincia. Os motivos da desaparición desta tradición artesá apuntan, según os expertos, ós cambios radicais que sufriu a vida rural na segunda metade do século XX, e na substitución do barro polo plástico, vidro ou porcelana nos obxectos de uso doméstico. Ademais, as formas tradicionais da olería de Samos foron quedando no olvido e substituídas por pezas de uso decorativo.
A recuperación da olería tradicional de Samos xustifícase, según lembrou a deputada Regina Polín, pola “importancia e recoñecemento que tivo máis aló da nosa terra, e que constitúe un patrimonio cultural que non podemos permitir que desapareza”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aínda hai prazas libres no programa Termalismo no Camiño

Seguinte Nova

O proxecto de iluminación exterior de Bóveda permitirá aforros de ata un 60% na factura da luz

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss