A cultura fluvial da Ribeira Sacra xa ten museo

O Ecomuseo de Arxeriz inaugurou este verán dúas salas adicadas ó mundo da ribeira

•A primeira das dúas novas salas acolle a máis extensa colección de barcas fluviais existente en Europa • A segunda sala está adicada á pesca fluvial, e á memoria dos 32 lugares mergullados polas augas dos encoros de Os Peares e Belesar

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Numeroso público acudiu á inauguración das dúas salas adicadas á cultura fluvial no Ecomuseo de Arxeriz, o 17 de agosto. O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, falou ós asistentes na carballeira que dá entrada ó novo espazo expositivo. As 10 barcas fluviais que integran a colección exposta nunha das novas salas do Ecomuseo de Arxeriz cautivou ós asistentes á inauguración deste espazo. As pezas pertencen a diversos tramos do Miño, e unha delas ó Sil. A segunda das novas salas do Ecomuseo de Arxeriz está adicada á pesca fluvial, cun amplo desenvolvemento informativo das diversas artes e pezas empregadas. Ademais das pezas materiais, a cultura fluvial está constituída polas xentes que habitaron e deron vida ós 32 lugares mergullados polos encoros de Peares e Belesar. A memoria daquel mundo hoxe desaparecido ten un lugar destacado na segunda das novas salas do Ecomuseo de Arxeriz, inauguradas o pasado 17 de agosto. (Fotos EC).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

560 solicitudes para as axudas do plan provincial de impulso ó sector primario e ó rural

Seguinte Nova

A loita contra o Alzheimer, cuestión de todos

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss