Aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

• Dende o 3 de setembro está aberto o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte correspondentes ó curso 2014-2015, tanto nas modalidades destinadas a rapaces e rapazas como as actividades para adultos.

CURSOS PARA RAPACES E ADULTOS EN VARIAS ESPECIALIDADES
As Escolas Deportivas Municipais ofrecen un amplo programa de disciplinas deportivas para rapaces, que inclúen fútbol, golf, pádel, porteiros de fútbol, ximnasia rítmica, patinaxe artística, kung fu, zumba infantil, multideporte e xadrez.
A programación para adultos ofrece actividades de ximnasia de mantemento, ioga, tai chi, zumba para adultos e xadrez.

ACTIVIDADES DENDE OUTUBRO DE 2014 A MAIO DE 2015
As actividades de ambos os dous programas comezarán no mes de outubro, e terá unha duración de oito meses ata maio de 2015. O custo individual por cada actividade é de 92,70 euros ó ano.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS NA OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES NAS CASIÑAS DA COMPAÑÍA
Os interesados en obter máis información ou formalizar a súa inscrición poden dirixirse á Oficina Municipal de Deportes, situada nas Casiñas da Compañía. Ademais, teñen á súa disposición o teléfono 982 875 430, ou a web municipal www.monfortedelemos.es, na sección de Deportes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Club Billar Templarios abriu a temporada co seu tradicional torneo en Monforte

Seguinte Nova

Buen arranque de los equipos del sur de Lugo en la Preferente Autonómica

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: