Convenio provincial en apoio da tradicional festa da Pisa da Castaña de Froxán, en Folgoso do Courel

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, e o presidente da Asociación Cultural Fonte do Milagro, Evaristo Méndez, logo da sinatura do convenio de colaboración para o desenvolvemento da Festa da Pisa da Castaña da aldea de Froxán, en Folgoso do Courel.  GPVDL.
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, e o presidente da Asociación Cultural Fonte do Milagro, Evaristo Méndez, logo da sinatura do convenio de colaboración para o desenvolvemento da Festa da Pisa da Castaña da aldea de Froxán, en Folgoso do Courel. GPVDL.

• A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo vén de aportar 3.000 euros para o mantemento da tradicional Festa da Pisa da Castaña, que se vén celebrando na aldea de Froxán, en Folgoso do Courel, no mes de decembro. A sinatura deste convenio tivo lugar a finais de agosto, coa presencia do delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, e o presidente da Asociación Cultural Fonte do Milagro, Evaristo Méndez. Este colectivo vén de recuperar esta tradición dende hai quince anos, polo que dende o organismo provincial avogaron por ““manter viva esta tradición aínda que perdera a súa función orixinaria”. Ademais, Mario Outeiro destacou a trascendencia económica deste tipo de eventos, e apuntou a necesidade de “potenciar a castaña como produto galego con moito futuro”.
A XVI edición da Festa da Pisa da Castaña de Froxán terá lugar o domingo 7 de decembro, cun programa de actos no que destaca unha degustación de produtos de porco, castaña seca e torta de castaña, así como unha exposición conmemorativa titulada “15 anos de Pisa”.
A Festa da Pisa da Castaña trata de rememorar esta labor agrícola, tan antiga como a chegada dos castiñeiros a Galicia, e que mantivo unhas características moi semellantes dende a súa orixe e ata mediados do século XX, cando a introdución da maquinaria no traballo do campo e o despoboamento do Courel a puxo en risco de desaparecer. Este importante patrimonio cultural puido salvarse do olvido grazas ó traballo da Asociación Cultural Fonte do Milagro, que contactou coas xentes do lugar para aprender delas as técnicas tradicionais de secado, pisado e abandoxado da castaña.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Apoio provincial á Sociedade Filarmónica Lucense, que arrinca a súa programación en outubro

Seguinte Nova

O Club Billar Templarios abriu a temporada co seu tradicional torneo en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss