
• O pasado 23 de agosto, celebrouse en Monforte o tradicional Torneo de Billar bola 8 que vén organizando dende hai oito anos o Club Billar Templarios. Unha trintena de xogadores procedentes de toda a provincia de Lugo, así como de Ourense, Cantabria e Canarias, disputaron na xornada de tarde esta proba deportiva.
PREMIOS CON SABOR LOCAL
O torneo estableceu varios premios para os catro primeiros clasificados, un trofeo ó mellor xogador 3ª e outro ó mellor xogador 4ª B. O primeiro clasificado foi o monfortino Andrés Varela, seguido do tamén local Miguel Iglesias. O terceiro posto foi para Alexandre Rodríguez, de O Carballiño, e o cuarto para Gussy, de Sarria.
O trofeo para o mellor xogador 4ª B foi o monfortino José Ramón, e o trofeo de mellor xogador 3ª correspondeu a Miguel Esmorís, de Monforte. O torneo entregou tamén un premio especial ó xogador José Luis Mazadas, procedente de New York.•