O Club Billar Templarios abriu a temporada co seu tradicional torneo en Monforte

O Torneo de Billar bola 8 organizado polo Club Billar Templarios de Monforte congregou na cidade do Cabe a unha trintena de xogadores. EC.
O Torneo de Billar bola 8 organizado polo Club Billar Templarios de Monforte congregou na cidade do Cabe a unha trintena de xogadores. EC.

• O pasado 23 de agosto, celebrouse en Monforte o tradicional Torneo de Billar bola 8 que vén organizando dende hai oito anos o Club Billar Templarios. Unha trintena de xogadores procedentes de toda a provincia de Lugo, así como de Ourense, Cantabria e Canarias, disputaron na xornada de tarde esta proba deportiva.

PREMIOS CON SABOR LOCAL
O torneo estableceu varios premios para os catro primeiros clasificados, un trofeo ó mellor xogador 3ª e outro ó mellor xogador 4ª B. O primeiro clasificado foi o monfortino Andrés Varela, seguido do tamén local Miguel Iglesias. O terceiro posto foi para Alexandre Rodríguez, de O Carballiño, e o cuarto para Gussy, de Sarria.
O trofeo para o mellor xogador 4ª B foi o monfortino José Ramón, e o trofeo de mellor xogador 3ª correspondeu a Miguel Esmorís, de Monforte. O torneo entregou tamén un premio especial ó xogador José Luis Mazadas, procedente de New York.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convenio provincial en apoio da tradicional festa da Pisa da Castaña de Froxán, en Folgoso do Courel

Seguinte Nova

Aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: