Aberto o prazo para presentar traballos ó concurso de curtas co móbil para estudantes galegos de 14 a 18 anos

Entregas ata o 30 de outubro

•A comezos de setembro, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) publicaba no blog XenteDixital (blog.adg2020.es/) as bases do concurso «Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020» dirixido a mozos e mozas matriculadas na ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18 anos. Este concurso forma parte das iniciativas do proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, a futura estratexia tecnolóxica global da Xunta de Galicia. Os obxectivos do certame son explorar a creatividade audiovisual dos mozos e mozas a través da gravación de micromovies, fomentar o traballo en equipo e o uso da lingua galega, así como sensibilizar sobre a importancia do desenvolvemento tecnolóxico da Comunidade e dar a coñecer a estratexia tecnolóxica global impulsada pola Xunta de Galicia.
A participación neste concurso pode ser individual ou por grupos, ata un máximo de 5 persoas. Os participantes deberán amosar a súa destreza cinematográfica coa gravación dun vídeo dun máximo de 3 minutos de duración onde se visualice como imaxinan que a tecnoloxía transformará Galicia no futuro.

CÓMO PARTICIPAR
Cada equipo designará un titor que forme parte do persoal docente do centro educativo, e que velará polo cumprimento das normas do concurso e fará a inscrición e a entrega das curtas. O prazo de presentación de solicitudes e vídeos remata o 30 de outubro de 2014. Os centros poderán realizar a inscrición gratuíta a través do formulario online dispoñible no Blog XenteDixital (blog.adg2020.es/). Xunto ó formulario, o titor do equipo deberá achegar o link ó vídeo que debe ser previamente subido á canle de YouTube do centro ou do titor. Os vídeos recibidos publicaranse no Blog XenteDixital e nas redes sociais da Amtega e serán valorados por un xurado especializado na Sociedade da Información e as Novas Tecnoloxías, que preseleccionará os cinco vídeos finalistas. Estes serán publicados en www.facebook.com/amtega, dentro do apartado «Elixe o vídeo finalista do concurso!», no que calquera internauta poderá votar.
O premio será unha tablet para cada alumno responsable do vídeo máis votado, e unha minitablet para cada un dos responsables do segundo vídeo máis votado. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un outono cheo de actividades lúdicas e culturais en Bóveda

Seguinte Nova

Formación teatral para profesionais en Monforte co programa Buxiganga

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss