Alejandro Fernández, do club Neka, quinto no campionato de España de Taekwondo

•Xunto con Fernández, os deportistas do Neka Samuel López e Carlos Rey foron bronce coa selección galega

O xove taekwondista do Neka, Alejandro Fernández Franjo, estivo entre os seis deportistas galegos que lograron meterse na final do recente Campionato de España. Arquivo EC.
O xove taekwondista do Neka, Alejandro Fernández Franjo, estivo entre os seis deportistas galegos que lograron meterse na final do recente Campionato de España. Arquivo EC.

• Os deportistas do Neka Alejandro Fernández, Carlos Rey e Samuel López conseguiron a medalla de bronce por equipos coa selección galega no Campionato de España de Taekwondo, que se disputou na localidade castellonense de Oropesa del Mar o 26 e 27 de setembro. Ademais, o xove deportista Alejandro Fernández estivo entre os seis deportistas galegos que conseguiron meterse na final desta proba, na que participaban 259 taekwondistas de toda España, acadando o quinto posto.
O adestrador do Neka e membro do equipo técnico da selección galega de taekwondo, José Mª Vega, explicou que se trata dun “bo resultado, aínda que nos sabe a pouco, porque Alejandro foi campión de España o ano pasado”. Vega suliñou que Fernández “é moi xove, temos moita confianza e hai que seguir entrenando”. A vindeira competición será o día 11, en Vilalba, onde participarán 20 deportistas do clube monfortino.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

La SD Chantada se encarama a los puestos altos de la tabla clasificatoria tras remontar ante el Betanzos

Seguinte Nova

Boa andaina do C.B. Chantada na Copa Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: