Arrincaron en Monforte os Concertos Benéficos de Outono da Ribeira Sacra

•O sábado 27 de setembro tivo lugar en Monforte o primeiro dos Concertos Benéficos de Outono organizados polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. A igrexa de San Vicente do Pino foi o escenario, a partir das oito da tarde, o concerto Canto Libre, onde a voz de Rosa Leiro e o piano de Juan Carlos Cambas interpretaron un selecto programa de repertorio tradicional galego, folklore arxentino e fado portugués.

CITAS EN CASTRO CALDELAS E MONTEDERRAMO
A seguinte cita dos Concertos de Outono será no Castelo de Castro Caldelas o domingo 5 de outubro ás 19 horas, cando Xavier de Acosta e Joaquín Barreira interpreten Obras de Bach para frauta e órgano. Por último, o sábado 11 de outubro ás 20 horas terá lugar no mosteiro de Santa María de Montederramo un concerto do grupo instrumental Siglo XX, con Florian Vlashi na dirección e no violín, que realizarán un percorrido pola música para cuarteto de corda dende o clasicismo ata o século XX. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Deporte Brollón acada o apoio provincial para actividades como a media maratón da Ferreirúa ou o Campionato BTT

Seguinte Nova

Un outono cheo de actividades lúdicas e culturais en Bóveda

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss