•No período 2013-2014, o uso das TIC nas microempresas galegas superou a media estatal en dispoñibilidade de telefonía móbil, páxina web, usos de redes sociais, así como na interacción coas Administracións Públicas a través de Internet. Respecto ás empresas galegas de 10 ou máis empregados, todas dispoñen de banda larga e incrementaron nun 30% o uso das redes sociais no último ano.
Os datos proveñen da enquisa “O uso das TIC e do Comercio electrónico nas empresas 2013/2014”, publicada polo Instituto Nacional de Estatística, e aportados polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Según esta enquisa, a porcentaxe de empresas con menos de 10 asalariados que dispoñen de telefonía móbil acada o 78,4%, superando a media estatal en case 2 puntos. Un 33,1% das microempresas con conexión a Internet dispón de páxina web, un 17,8% máis que o ano anterior, superando a media estatal en 4,4 puntos, o que posiciona a Galicia na primeira posición no ranking por Comunidades Autónomas. En canto ó uso das redes sociais, o 35,4% das microempresas galegas empregan estas canles de comunicación, superando a media estatal en 3,6 puntos. En relación ó uso de ordenador e Internet, un 65,4% das microempresas galegas dispón de ordenador, fronte ó 72,3% do Estado e o 62,6% dispón de conexión a Internet. A contratación de banda larga móbil medrou un 21,6% no último ano.
Ademais, un 19,9% das empresas galegas de 10 e máis traballadores recibiu facturas electrónicas que permiten o procesamento automatizado, superando en 3,7 puntos á media estatal.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,
Este luns, 1 de abril, abre o prazo para presentar solicitudes ao programa ReAcciona da Xunta
Remarca a súa colaboración institucional para que manteña a súa sede en Monforte, e propón a
A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra organizou unha xornada para presentar propostas para a elaboración do
Desde a Xunta de Galicia, os populares galegos apoian o investimento, mentres nacionalistas e socialistas móstranse