Augas Santas, referente na competición de golf a nivel autonómico e provincial

Foto de familia cos gañadores das diversas categorías do I Gran Torneo Vodafone, que se celebrou no complexo Oca Augas Santas Golf o pasado 13 de setembro. (Foto cedida).
Foto de familia cos gañadores das diversas categorías do I Gran Torneo Vodafone, que se celebrou no complexo Oca Augas Santas Golf o pasado 13 de setembro. (Foto cedida).

• Co comezo do curso, volta a competición ó complexo Oca Augas Santas Golf de Pantón, que abriu a temporada coa celebración, o pasado 13 de setembro, do I Gran Torneo Vodafone, patrocinado por Vodafone e Huawey. Esta proba congregou a un total de 90 xogadores, que recibiron cadanseu regalo por participar, ademais dun refrixerio á metade do percorrido. Asimesmo, houbo premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría, e ó gañador scratch, entre outros.

GRAN PRESENCIA DOS LOCAIS NA RELACIÓN DE PREMIADOS
A proba disputouse baixo a modalidade individual stableford hándicap con dúas categorías de xogo. O vencedor da primeira categoría, ata hándicap 15,0, foi o monfortino e xogador local José Francisco Prieto, con 37 puntos stableford, seguido de Juan Carlos Pérez «Kukín» y César Varela, ambos con 35 puntos.
Pola súa banda, na segunda categoría a vencedora foi a xogadora local Teresa Dasilva, cun magnífico resultado de 42 puntos, seguida do golfista de Augas Santas Manuel Tesouro, con 40 puntos, e do chantadino José Luis Conde, con 38.

HERNÁNDEZ SEGUE A COLLEITAR TRIUNFOS
O vencedor na categoría scratch foi o xove golfista monfortino Manuel Hernández, con 34 puntos brutos.
No apartado de outros premios, o trofeo para a saída máis longa feminina no hoyo 7 foi para a coruñesa Teresa Pajón, mentres que o gañador da saída máis longa masculina no hoyo 11 foi o xogador de Montealegre Jaime Veiga. O premio para o golpe de saída máis cercano á bandeira no hoyo 8 foi para o veterán verinés Adolfo Taboada.
Rematada a competición, o representante de Vodafone, Javier Blanco, e os representantes de OCA Hotels, Laura Cota e Jesús Ares, procederon á entrega de premios e sorteo de agasallos ós participantes, que foron convidados pola organización a un cóctel fin de festa.

Gañadores das diversas categorías do I Desafío Valdeorras vs. Ribeira Sacra, que se disputou nas instalacións de Augas Santas a última fin de semana de setembro. (Foto cedida).
Gañadores das diversas categorías do I Desafío Valdeorras vs. Ribeira Sacra, que se disputou nas instalacións de Augas Santas a última fin de semana de setembro. (Foto cedida).

I DESAFÍO VALDEORRAS VS. RIBEIRA SACRA
Por outra banda, o 28 de setembro disputouse en Pantón o I Desafío Valdeorras vs.Ribeira Sacra, unha proba organizada coa colaboración do Consorcio de Turismo e Adegas Rúa, na que participaron 32 xogadores. O vencedor Scratch foi Eduardo Vázquez (Ribeira Sacra), en hándicap Santiago Guldrís (Valdeorras), e o mellor aproach no hoyo 8 foi Manuel Vázquez. O triunfo final foi para o grupo de Valdeorras.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Campus da USC en Lugo ofrece descontos do 50% na matrícula para o alumnado novo de sete graos

Seguinte Nova

Contador sentenciou La Vuelta 2014 na etapa dos Ancares

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: