Contador sentenciou La Vuelta 2014 na etapa dos Ancares

•O pelotón de 160 corredores cruzou o sur de Lugo pasando por Ferreira, Monforte, Bóveda e Sarria

Imaxe da entrada de Alberto Contador, do equipo Tinkoff-Saxo, na meta no porto dos Ancares, final da penúltima etapa de La Vuelta, e na que o español sentenciou esta proba un día antes de culminar en Santiago de Compostela. (Foto cedida: La Vuelta 2014).
Imaxe da entrada de Alberto Contador, do equipo Tinkoff-Saxo, na meta no porto dos Ancares, final da penúltima etapa de La Vuelta, e na que o español sentenciou esta proba un día antes de culminar en Santiago de Compostela. (Foto cedida: La Vuelta 2014).

• No sur de Lugo disputouse a penúltima etapa de La Vuelta 2014, e foi precisamente nesta xornada cando o español Alberto Contador sentenciou o resultado final, ó vencer a etapa dos Ancares e garantir a súa entrada como vencedor absoluto na compostelana Praza do Obradoiro ó día seguinte.

XORNADA DURA E ESIXENTE
A xornada dura e esixente que se viviu o 13 de setembro arrincou dende Santo Estevo de Ribas de Sil, e tras cruzar os concellos de Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín, o pelotón de 160 corredores encauzou terras da Ribeira Sacra, nun percorrido aproximado dunha hora entre as dúas e as tres da tarde. A espiral ciclista cruzou o viaducto de Os Peares para pasar por O Castro de Ferreira de Pantón, atravesar Monforte de Lemos, Bóveda e Sarria, cun sprint intermedio no casco urbano na rúa Diego Pazos.
Xa en terras de Láncara realizouse o avituallamento, para enfilar con forza cara a meta no porto dos Ancares. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Augas Santas, referente na competición de golf a nivel autonómico e provincial

Seguinte Nova

Máis oportunidades de formación e emprego para lucenses recén titulados

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss