Deporte Brollón acada o apoio provincial para actividades como a media maratón da Ferreirúa ou o Campionato BTT

20.000 euros para impulsar o programa municipal de deportes en Brollón

A media maratón da Ferreirúa, a proba decana do atletismo lucense, cumpliu 25 anos como unha das citas imprescindibles do calendario de running galego. Arquivo EC.
A media maratón da Ferreirúa, a proba decana do atletismo lucense, cumpliu 25 anos como unha das citas imprescindibles do calendario de running galego. Arquivo EC.

• No mes de setembro, a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou unha achega de 20.000 euros para apoiar as actividades deportivas do programa Deporte Brollón, que organiza anualmente o Concello de A Pobra do Brollón.

ATLETISMO, BTT, NATACIÓN, FUTBOL SALA, SENDEIRISMO E XOGOS POPULARES
Dentro das actividades que integran este programa, e que serán financiadas pola Área de Deportes da Vicepresidencia primeira da Deputación, inclúense o Campionato Galego de BTT, a media maratón da Ferreirúa, o Campionato de Xogos Tradicionais Populares, a liga de fútbol sala xuvenil, o curso de natación escolar, e a limpeza de rutas de sendeirismo.

O DEPORTE, UNHA ACTIVIDADE “AMPLAMENTE DEMANDADA NO RURAL”
Mario Outeiro, voceiro do BNG na Deputación, salientou trala aprobación desta achega o traballo que se está a desenvolver dende o Goberno local de Brollón no impulso do eido deportivo. Outeiro explicou que o deporte nas administracións locais “foise configurando como un servizo público que afecta ás diferentes etapas da vida dos veciños e que debe adaptarse ás súas circunstancias”, de aí a importancia de apoiar o deporte en zonas como A Pobra do Brollón, eminentemente rural, como unha actividade “esencial e que é amplamente demandada”.
O programa Deporte Brollón inclúe actividades para todas as idades, co obxectivo de fomentar o benestar da veciñanza, propoñer alternativas de ocio saudables, e poñer en valor o entorno natural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O concurso de fotografía “Galicia, a todo tren” recibiu máis de 4.500 visitas

Seguinte Nova

Arrincaron en Monforte os Concertos Benéficos de Outono da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss