Formación teatral para profesionais en Monforte co programa Buxiganga

• Os días 27 e 28 de setembro, a Casa da Cultura de Monforte foi o escenario do curso de teatro para profesionais «Máscara Neutra, obradoiro de teatro, movemento e voz», a cargo de Mar Navarro e Andrés Hernández, dous dos nomes máis recoñecidos a nivel nacional nesta especialidade teatral.

PERFECCIONAR A INTERPRETACIÓN
O obradoiro contou con 18 horas lectivas e 18 prazas, co obxectivo de amosar ós actores e actrices participantes os diversos tics ou vicios xestuais e vocais que foron adquirindo ó longo da súa carreira, coa finalidade de eliminalos a través de sesións de traballo en movemento, voz e improvisación.

PROFESIONAIS DE PRESTIXIO
O curso estivo a cargo de Mar Navarro e Andrés Hernández dous dos profesionais do teatro máis recoñecidos en España á hora de traballar coa voz e a coñecida como máscara neutra. Mar Navarro formouse en París na Escola de Teatro de Jacques Lecoq, especializándose na pedagoxía da escola e o Laboratorio de Estudo do Movemento. Foi profesora na Escola de Cinematografía da Comunidade de Madrid e no madrileño Teatro da Abadía.
Pola súa banda, o actor e músico Andrés Hernández especializouse na voz traballando tres anos con membros da Roy-Hart Theater, e dende 1995 dirixe a súa propia escola en Madrid. Pertenceu á compañía La Tartana Teatro, coa que realizou máis dunha ducia de espectáculos durante 14 anos por festivais de todo o mundo.

SETE ANOS DE IMPULSO Ó TEATRO LUCENSE CON BUXIGANGA
Este curso está integrado dentro das actividades que ó longo do ano se desenvolven no programa Buxiganga. Esta iniciativa, impulsada dende hai sete anos pola Área de Cultura da Deputación, busca dar pulo ó teatro lucense dende varias perspectivas. O delegado de Cultura do organismo provincial, Mario Outeiro, definiu o programa Buxiganga como «un proxecto teatral educativo mediante o que levamos o teatro a toda a provincia de Lugo», e que fixo xurdir novos grupos teatrais nas diversas comarcas lucenses. Outeiro lembrou que o proxecto Buxiganga tamén ten en conta a formación específica destinada a profesionais do sector, a través de cursos e obradoiros a cargo de recoñecidos especialistas nas diversas materias do eido teatral.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo para presentar traballos ó concurso de curtas co móbil para estudantes galegos de 14 a 18 anos

Seguinte Nova

Éxito da primeira edición do Viñobús Vendima

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss