O concurso de fotografía “Galicia, a todo tren” recibiu máis de 4.500 visitas

Desenvolveuse en Facebook para promover as rutas dos trens turísticos

“Faro de Estaca de Bares”, fotografía gañadora do concurso “Galicia, a todo tren”. (Foto cedida).
“Faro de Estaca de Bares”, fotografía gañadora do concurso “Galicia, a todo tren”. (Foto cedida).

• O concurso de fotografía convocado por Turismo de Galicia na rede social Facebook para promover ao longo do verán as rutas dos trens turísticos de Galicia recibiu un total de 4.508 visitas entre os días 28 de xullo e 7 de setembro.

225 TRABALLOS PARTICIPANTES A TRAVÉS DE FACEBOOK
No concurso “Galicia, a todo tren”, participaron 225 persoas que subiron cadansúa fotografía ao longo do case mes e medio que durou a promoción.
Estas fotografías recibiron 1.219 votos en total, e foron cursadas 208 invitacións para participar no concurso.
FOTOGRAFÍAS GAÑADORAS DESTE CONCURSO
As bases deste concurso establecían tres fotografías gañadoras atendendo ao número de votos que recibise dos usuarios de Facebook. A fotografía titulada “Faro de Estaca de Bares” resultou gañadora con 122 votos. En segundo lugar, con 104 votos, quedou a fotografía “Déitase o sol”, e o terceiro posto foi para “Castro de Baroña, placer para los sentidos”, con 102 votos.
O concurso de fotografía en Facebook “Galicia, a todo tren” foi convocado por Turismo de Galicia para promover as rutas dos trens turísticos que veñen circulando na Comunidade galega dende xuño, ademais de difundir a imaxe turística do territorio galego. As tres persoas que resultaron gañadoras recibirán unha viaxe para dúas persoas nunha das sete rutas que percorren turísticamente este verán a r

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Mellora dos accesos rurais en diversas zonas no sur de Lugo

Seguinte Nova

Deporte Brollón acada o apoio provincial para actividades como a media maratón da Ferreirúa ou o Campionato BTT

Últimas noticias sobre CULTURA

   
A %d blogueros les gusta esto: